Axuda para Palestina? Armas

Palestina enfronta hoxe a crenza da superioridade racial ou cultural da potencia colonial sobre os pobos colonizados. Desposuída das súas terras, recursos e a súa forma de vida tradicional, encara de forma desigual a resistencia armada como unha lexítima manifestación da loita de liberación nacional en defensa dos dereitos, a terra e a dignidade do pobo palestino. Continue reading Axuda para Palestina? Armas

Palestina, resistir ou morrer

“Palestina nunca foi un deserto deshabitado, nin unha terra sen pobo ou un espazo baleiro no mapamundi á espera do seu próximo conquistador. A historia de Palestina, non comeza coa colonización xudía, nin existe unha disputa polo territorio máis aló da resistencia árabe á ocupación sionista. Tan só afastándonos firmemente das falacias da propaganda e a basta manipulación da historia, levada a cabo con total impunidade durante as últimas décadas polos grupos de presión sionistas, lograremos entender a situación de Palestina como o que realmente é: o intento de colonización e desprazamento forzado da poboación nativa por parte do ente sionista de Israel.” Continue reading Palestina, resistir ou morrer

Palestina vencerá

Imaxine vostede por un momento que o expulsan da súa casa, bombardean a súa nación, asasinan os seus mozos, rouban as súas terras e aplican contra o seu pobo unha política de apartheid que no medio dunha pandemia mundial lhe priva de acceso a vacinas, atención sanitaria, alimentos, enerxía ou auga potábel. Imaxine por un momento medio século de loita de resistencia, as súas mans espidas esgrimindo pedras ó ceo fronte á munición de guerra dun exército profesional Continue reading Palestina vencerá