Axuda para Palestina? Armas

Palestina enfronta hoxe a crenza da superioridade racial ou cultural da potencia colonial sobre os pobos colonizados. Desposuída das súas terras, recursos e a súa forma de vida tradicional, encara de forma desigual a resistencia armada como unha lexítima manifestación da loita de liberación nacional en defensa dos dereitos, a terra e a dignidade do pobo palestino. Continue reading Axuda para Palestina? Armas

Nagorno Karabaj, tsavet danem

Os miles de desprazados, os soldados armenios vítimas das humillacións azeríes ou todos aqueles que desde Ereván contemplan de forma impotente os ataques indiscriminados contra o seu patrimonio histórico ou a súa milenaria cultura, supoñen a principal garantía de que este novo reequilibrio de forzas sobre o terreo, non é senón a invitación directa ao cíclico alumeamento da violencia, como motor e castigo dos procesos históricos que ao longo do tempo teceron inexorablemente o destino de Nagorno Karabaj Continue reading Nagorno Karabaj, tsavet danem

O “Che”, un home novo

“Ernesto Guevara de la Serna convértese no icónico Che Guevara, un mito, unha lenda, un símbolo. Aínda que, tal e como o propio guerrilleiro cubano-arxentino lembra ao militar que ía asasinalo, ante todo o Che era un home. Un mozo arxentino que nos seus viaxes foi capaz de atopar aquilo que o unía cos desherdados do seu continente e do mundo. Non era un oprimido, nin tan sequera un mozo excepcional polo seu contexto ou un líder revolucionario nato. Ernesto Guevara era “simplesmente” un home íntegro, un militante comunista, un revolucionario.” Continue reading O “Che”, un home novo

A gran estafa española

“E é aí, na senda do rupturismo co réxime do 78 e o marco capitalista, na que calquera alternativa realmente á esquerda debe buscar o contacto e o apoio das masas traballadoras do estado. Afastarse da esquerda progresista, moderada ou de centro, supón un imperativo ineludible para comezar a exercer a rebelión práctica e a verdadeira democracia revolucionaria que nos conecte coas resistencias de outros pobos no mundo e nos permita, deste xeito, deixar atrás o voluntarismo inane do progresismo español. O obxectivo inmediato é avanzar na firme defensa do noso estado de benestar, a nosa soberanía e a pacífica convivencia dos pobos traballadores do estado.” Continue reading A gran estafa española

España si é racista

“Allan Nyom, Diakhaby, Eto’o, Umtiti, Kameni, Ronaldo, Wilfred Agbonavbare, Iñaki Williams, Paulao, Marcelo, Vinicius… Todos eles sufriron nas súas propias carnes o racismo por parte de espectadores e unha sociedade que considera que os comportamentos discriminatorios son un dereito adquirido coa súa entrada.” Continue reading España si é racista

Denak ez du balio

“Os representantes políticos abertzales son e serán sempre para Madrid unicamente terroristas. E iso non o vai poder mudar esta última concesión nin ningunha outra, dado que por moitas cesións políticas que se outorguen a Madrid, sempre resultarán insuficientes para un sector ultra que só se dará por satisfeito cando o xerme do independentismo desapareza definitivamente do Estado.” Continue reading Denak ez du balio

Palestina, resistir ou morrer

“Palestina nunca foi un deserto deshabitado, nin unha terra sen pobo ou un espazo baleiro no mapamundi á espera do seu próximo conquistador. A historia de Palestina, non comeza coa colonización xudía, nin existe unha disputa polo territorio máis aló da resistencia árabe á ocupación sionista. Tan só afastándonos firmemente das falacias da propaganda e a basta manipulación da historia, levada a cabo con total impunidade durante as últimas décadas polos grupos de presión sionistas, lograremos entender a situación de Palestina como o que realmente é: o intento de colonización e desprazamento forzado da poboación nativa por parte do ente sionista de Israel.” Continue reading Palestina, resistir ou morrer

Amar en tempos revoltos

“Os nosos corpos e as nosas mentes, convertéronse neste século, baixo un sistema social e económico alienante e impersoal, en aletargadas máquinas incapaces de sentir ou querer, somos meros entes outrora humanos inmersos nunha desesperada procura de estímulos que en última instancia lógrennos proporcionar unha mínima dose de felicidade momentánea e adulterada, sen chegar con iso a albiscar no noso devir social o que chega a ser coidar e saberse coidado, compartir un mesmo obxectivo, un proxecto de vida común. A moitos, quizais hoxe parézalles estraño esoutro mundo fóra das relacións de usar e tirar, pero aínda hoxe existe a capacidade de amar. E saiban vostedes que sempre, o verdadeiro revolucionario guiouse por grandes sentimentos de amor.” Continue reading Amar en tempos revoltos

Ence e o colonialismo interno

“Sexamos conscientes, por tanto, de que a matriz do noso futuro, debúxase na loita pola liberación nacional, resultando vacua calquera esperanza que pretenda resolver os nosos problemas mediante sentenzas emanadas das estruturas represivas e parasitarias establecidas polos nosos carcereiros. Esta nova fase que encara o conflito contra a empresa española Ence, debe enmarcarse sen vacilación algunha na mobilización social e política galega, indubidablemente entrelazada coa loita pola independencia nacional da Galiza. Tan só mediante a unidade popular galega, capaz de enfrontar radicalmente os intereses de aqueles que, mediante a exclusión de nosa propia voz, buscan lucrarse coa explotación dos nosos recursos naturais e a nosa forza de traballo, lograremos poñer freo a situacións de inxustiza como a que representa a propia Ence, pero tamén o espolio eléctrico, a AP-9, a praga eólica ou a lenta agonía da desindustrialización e o desamparo do rural, froito todas estas situacións dunha planificación deseñada e implementada moi lonxe da nosa propia terra.” Continue reading Ence e o colonialismo interno