O gran entroido

Nos tempos da información como mero espectáculo sensacionalista, a inmediatez como dopamina ponzoñosa para o debate público e a veneración ao maremoto de datos fríos, illados e impersoais como corpo sacrosanto do xornalismo burgués, prodúcese o paradoxo de sociedades que viven rodeadas de información, pero á súa vez móstranse totalmente incapaces de fuxir da mentira, a manipulación e a propaganda. Un pobo atafegado pola información que se mostra totalmente incapaz de informarse con veracidade, incapaz de utilizar a verdade e o coñecemento como elementos revolucionarios. Como ferramentas de cambio. Continue reading O gran entroido

Que é o imperialismo? E ti pregúntasmo?

“A proliferación de símbolos e manifestacións públicas ultradereitistas, a militarización da sociedade, a prohibición de partidos políticos e medios de comunicación, a persecución a líderes comunistas, simpatizantes ou falantes rusos, os castigos físicos exercidos en público ou a humillación e execución de persoas pertencentes a diferentes minorías ou sectores opositores, supuxo unha constante en Ucraína, amparada e fomentada por unha Unión Europea unicamente centrada en participar do esforzo económico esixido por Washington para preparar a Kiev para a guerra. No medio do silencio ou a complicidade de gran parte do espectro político europeo, incluídos aquí os sectores progresistas que hoxe parecen soliviantados pola escalada violenta, a poboación do Donbass sufriu nas súas propias carnes unha guerra destinada a eliminar calquera indicio de sentimento prorruso nun territorio que occidente decidira usar como ariete contra o goberno de Vladimir Putin.” Continue reading Que é o imperialismo? E ti pregúntasmo?

OTAN non, bases fora

“Por todo iso, como clase trabalhadora organizada, a nosa principal tarefa, anteposta ós xuízos de valor xeopolíticos, as moralinas esquerdistas ou as diatribas quintacolumnistas sempre alinhadas con Washington, é a de enfrontar de forma firme e decidida a vasalaxe das nosas propias burguesías ó militarismo suicida que representa a Organización do Tratado Atlántico Norte” Continue reading OTAN non, bases fora

Guerra en Ucraína, un certo contexto histórico

Un dos primeiros aspectos que debemos ter claro á hora de encarar a recente escalada bélica entre Ucraína e Rusia, é que o pobo ruso sempre considerou aos ucraínos como un elemento claramente ligado ao seu propio destino, mesmo podemos chegar a sinalar, sen medo a equivocarnos, que para parte de Rusia Ucraína é algo así como unha pequena parte de si mesmo. Mentres que a concepción nacional de Ucraína, a súa estruturación política e o auxe do actual nacionalismo, trátase dunha realidade moderna. Continue reading Guerra en Ucraína, un certo contexto histórico