Soberanía baixo as sancións: o verdadeiro contrabando venezolano

E malia todo, Venezuela segue en pé. Contra todo prognóstico, o país comezou a producir máis alimentos, reanimou os seus sectores industriais, estabilizou a economía e reconstruíu os seus mecanismos de distribución. A pesar dos vaticinios de colapso total, dos titulares catastrofistas e dos votos servís dos países sipaios do Imperio, Venezuela contrabandea hoxe outra verdade incómoda: a súa soberanía inquebrantable. Mentres o mundo agarda o seu colapso, Venezuela produce, xera riqueza, adáptase, resiste, constrúe desde as bases. Os seus campesiños cultivan, os seus obreiros producen, os seus científicos desenvolven solucións propias. É un milagre de resistencia, un testamento da indomabilidade dun pobo. Continue reading Soberanía baixo as sancións: o verdadeiro contrabando venezolano

Palestina vencerá

Imaxine vostede por un momento que o expulsan da súa casa, bombardean a súa nación, asasinan os seus mozos, rouban as súas terras e aplican contra o seu pobo unha política de apartheid que no medio dunha pandemia mundial lhe priva de acceso a vacinas, atención sanitaria, alimentos, enerxía ou auga potábel. Imaxine por un momento medio século de loita de resistencia, as súas mans espidas esgrimindo pedras ó ceo fronte á munición de guerra dun exército profesional Continue reading Palestina vencerá

Fidel eterno

«Ese é o pobo, o que sofre todas as desdichas e é por tanto capaz de pelexar con toda a coraxe! A ese pobo, cuxos caminhos de angustias están empedrados de enganos e falsas promesas, non lhe iamos dicir: «Imos dar», senón: «Aquí tes, loita agora con todas as túas forzas para que sexan túas a liberdade e a felicidade!» Continue reading Fidel eterno