Soberanía baixo as sancións: o verdadeiro contrabando venezolano

E malia todo, Venezuela segue en pé. Contra todo prognóstico, o país comezou a producir máis alimentos, reanimou os seus sectores industriais, estabilizou a economía e reconstruíu os seus mecanismos de distribución. A pesar dos vaticinios de colapso total, dos titulares catastrofistas e dos votos servís dos países sipaios do Imperio, Venezuela contrabandea hoxe outra verdade incómoda: a súa soberanía inquebrantable. Mentres o mundo agarda o seu colapso, Venezuela produce, xera riqueza, adáptase, resiste, constrúe desde as bases. Os seus campesiños cultivan, os seus obreiros producen, os seus científicos desenvolven solucións propias. É un milagre de resistencia, un testamento da indomabilidade dun pobo. Continue reading Soberanía baixo as sancións: o verdadeiro contrabando venezolano

Que é o imperialismo? E ti pregúntasmo?

“A proliferación de símbolos e manifestacións públicas ultradereitistas, a militarización da sociedade, a prohibición de partidos políticos e medios de comunicación, a persecución a líderes comunistas, simpatizantes ou falantes rusos, os castigos físicos exercidos en público ou a humillación e execución de persoas pertencentes a diferentes minorías ou sectores opositores, supuxo unha constante en Ucraína, amparada e fomentada por unha Unión Europea unicamente centrada en participar do esforzo económico esixido por Washington para preparar a Kiev para a guerra. No medio do silencio ou a complicidade de gran parte do espectro político europeo, incluídos aquí os sectores progresistas que hoxe parecen soliviantados pola escalada violenta, a poboación do Donbass sufriu nas súas propias carnes unha guerra destinada a eliminar calquera indicio de sentimento prorruso nun territorio que occidente decidira usar como ariete contra o goberno de Vladimir Putin.” Continue reading Que é o imperialismo? E ti pregúntasmo?

#FreeAlexSaab

“Os delitos reais polos que hoxe a fiscalía de Miami pretende xulgar e condenar a Alex Saab tras a súa irregular extradición aos Estados Unidos, baséanse unicamente no seu traballo de cara a garantir a construción de vivendas de interese social para os venezolanos, as misións humanitarias para abastecer a Venezuela de medicamentos e alimentos en metade dun bloqueo criminal ou o feito de lograr importantes acordos en relacións bilaterais entre os gobernos como axente antibloqueo, podendo devolverlle así a Venezuela e á xente dese país todo o que previamente lle deron” Continue reading #FreeAlexSaab

OTAN non, bases fora

“Por todo iso, como clase trabalhadora organizada, a nosa principal tarefa, anteposta ós xuízos de valor xeopolíticos, as moralinas esquerdistas ou as diatribas quintacolumnistas sempre alinhadas con Washington, é a de enfrontar de forma firme e decidida a vasalaxe das nosas propias burguesías ó militarismo suicida que representa a Organización do Tratado Atlántico Norte” Continue reading OTAN non, bases fora