A gran estafa española

“E é aí, na senda do rupturismo co réxime do 78 e o marco capitalista, na que calquera alternativa realmente á esquerda debe buscar o contacto e o apoio das masas traballadoras do estado. Afastarse da esquerda progresista, moderada ou de centro, supón un imperativo ineludible para comezar a exercer a rebelión práctica e a verdadeira democracia revolucionaria que nos conecte coas resistencias de outros pobos no mundo e nos permita, deste xeito, deixar atrás o voluntarismo inane do progresismo español. O obxectivo inmediato é avanzar na firme defensa do noso estado de benestar, a nosa soberanía e a pacífica convivencia dos pobos traballadores do estado.” Continue reading A gran estafa española

Espanha: a pel que habito

Un punto de ruptura real para unha soberanía popular apartada da ficción do bipartidismo ou a mal chamada nova política, o evidente desafío territorial e de concepción do estado, a nova estrutura europea, as realidades migratorias ou a clara necesidade dun novo pacto xeracional, sexual e entre as diferentes minorías do estado, son só algunhas das cuestións que apuran á nosa sociedade para reformar de forma urxente e decidida a lei fundamental que debe rexer os dereitos e deberes de toda a sociedade Continue reading Espanha: a pel que habito