Máis Europa, nunca supuxo menos fascismo

“O medo ao cuestionamiento do sistema capitalista, a estruturación dun bloque progresista como fronte unida de socialdemócratas e socioliberais europeos como freo ao posíbel avance do socialismo no velho continente e a permanencia de todos os prexuízos imperialistas e anticomunistas propios da suposta intelectualidade a este lado do telón de aceiro, suponhen sen ningunha dúbida a rendición da esquerda ante calquera arremetida do fascismo” Continue reading Máis Europa, nunca supuxo menos fascismo

Filhos desta raiba

Trátanse estas palabras dun discurso contra o caciquismo sindical, contra o clientelismo dunhas formacións que non merecen representar a suor e a conciencia de clase dos milheiros de companheiros e companheiras que cada día se deixan a cara e o escaso tempo libre en duras loitas laborais, para finalmente verse en moitas ocasións traizoados nos despachos en nome da realpolitik e dos intereses duns xudas que na súa sede de Madrid hai moito tempo que non pisan o barro das fábricas. Continue reading Filhos desta raiba

Non hai tregua

Resulta incomprensíbel que pese ao anuncio da banda terrorista en 2011 do cesamento definitivo da actividade armada o último conflito armado de Europa permaneza aínda hoxe latente no día a día dos vascos e vascas ante a negativa do estado espanhol a dar pasos firmes para a súa resolución Continue reading Non hai tregua