Non hai tregua

Resulta incomprensíbel que pese ao anuncio da banda terrorista en 2011 do cesamento definitivo da actividade armada o último conflito armado de Europa permaneza aínda hoxe latente no día a día dos vascos e vascas ante a negativa do estado espanhol a dar pasos firmes para a súa resolución Continue reading Non hai tregua

A trampa da hispanidade

Tras o renacer como foco político dese imperialismo que supón o nacionalismo espanhol e o seu proxecto de hispanidade, un non poderá máis que volver sentir noxo e vergonha este 12 de outubro. Que como galego, socialista e internacionalista, sentirá tan só empatía con todos aqueles que celebran o día da resistencia indíxena. Porque o 12 de outubro, na xa de xeito evidente errada nación espanhola, moitos non temos nada que celebrar, excepto as nosas resistencias, a nosa infatigábel loita pola liberdade nacional e a xustiza social Continue reading A trampa da hispanidade