“Emitiron moitas garantías verbais, todas as cales resultaron ser frases baleiras. Máis tarde, comezaron a asegurarnos que a adhesión á OTAN dos países de Europa Central e do Leste só melhoraría as relacións con Moscova, liberaría a estes países dos temores impregnados do seu amargo legado histórico e mesmo crearía un cinto de países amigos de Rusia”.
Vladimir Putin
“A democracia non debe ser só para os ricos nin para os máis poderosos, nin para quen practica o terrorismo.”
Muamar Gadafi
«… pensar que sobre a base do PSOE podemos construír unha política social avanzada é estar no erro e non aprender nada da experiencia da historia das últimas décadas nin aprender nada de cál é a auténtica esencia da socialdemocracia».
Julio Anguita
“O fascismo é capitalismo en descomposición.”
Lenin
Tras o disparo que pouco antes das catro da tarde do 30 de abril de 1945 ponhía punto e final ó proxecto III Reich alemán, facendo ressoar as estancias do Búnker da Cancilhería de Berlín co son da mortal acción da Walther calibre 7, 65 mm que arrebataba a vida ó tirano Adolf Hitler, a bandeira da Unión Soviética alzada como símbolo de vitoria sobre o Reichstag alemán, pasou inmediatamente a suponher para as democracias burguesas occidentais un sinal de alerta, unha ameaza longamente postergada e escasamente tolerada, que para os líderes políticos do bloque capitalista, como o Primeiro Ministro británico Winston Churchill, ben merecese o esforzo de continuar a guerra, estendéndoa de xeito inmisericorde ó territorio de quen ata ese momento foran os seus aliados no combate contra a besta fascista que neses naquelas datas apenas deixara de respirar.
A denominada Operación impensábel, designou naquel entón o sinistro plan ideado polas Forzas Armadas Británicas ó final da Segunda Guerra Mundial, cuxo obxectivo non era outro que o de expulsar á URSS do territorio europeo que lograra liberar no seu avance fronte ó exército nazi e lograr con iso «imponher a Rusia a vontade dos Estados Unidos e o Imperio Británico«. Desconhecendo deste xeito os acordos alcanzados durante a conferencia de Yalta e ignorando de forma consciente os titánicos sacrificios realizados por todo o pobo soviético e a lealdade mostrada durante longos anos polo exército comandado por Iósif Stalin, que sen ningunha dúbida soportara en gran medida o peso dos esforzos bélicos fronte ó III Reich, os políticos estadounidenses e británicos comezaron a conspirar ó longo de 1945 coa firme intención de levar de novo a guerra á parte máis oriental posíbel de Europa, co obxectivo de frear a influencia do comunismo no velho continente. Chegouse a contemplar, para o éxito desta impensábel tarefa, o uso de máis de 100.000 efectivos alemáns, pertencentes ás tropas do Reich que recentemente foran capturadas no esforzo por deter ó nazismo. Poucos exemplos poderán ilustrar de melhor modo o comodín que o fascismo sempre sempre para as mal chamadas democracias burguesas fronte á ameaza do proletariado en armas.
A pesar de que ese conflito contra Moscova, que os Xefes do Estado Maior dos países capitalistas definían como unha guerra total, longa e posibelmente adversa, nunca chegou a ter lugar, o bloque de oposición á potencial influencia e poder das forzas socialistas sobre o velho continente, non tardaría demasiado en dar os seus froitos. O 4 de abril de 1949, como resultado do chamado Tratado de Washington, xurdía A Organización do Tratado do Atlántico Norte, unha alianza militar intergubernamental que aínda que supostamente atendía ós intereses de defensa colectiva dos seus estados membros fronte á agresión dunha potencia estranxeira, obviamente afundía as súas verdadeiras raíces na convicción das democracias burguesas á hora de confrontar abertamente á URSS en chan europeo.
A defensa da suposta soberanía espanhola de Ceuta e Melilla a través do artigo 5 ante un posíbel ataque militar marroquí, a única ameaza militar real á que Madrid tería que enfrontarse máis aló das vinculadas á propia participación nas misións da Alianza Atlántica, atoparíase exenta dos compromisos que a Organización do Tratado Atlántico Norte alcanzou no seu día co estado espanhol
Deixando ó carón a visión dun novo equilibrio mundial da Organización das Nacións Unidas e o posíbel marco de diálogo e debate do seu Conselho de Seguridade, no que os Estados Unidos nunca logrou aceptar o poder de veto soviético, os países fundadores desta nova alianza militar –Canadá, Francia, Bélxica, Italia, Dinamarca, Luxemburgo, Islandia, Noruega, Países Baixos, Portugal, Reino Unido e Estados Unidos– delineaban un novo eixo de poder mundial co que conseguían romper o equilibrio de forzas en chan europeo e establecían claramente unha nova ameaza para Unión Soviética, arrastrándoa irremediabelmente a responder seis anos máis tarde mediante a creación do Tratado de Amizade, Colaboración e Asistencia Mutua, máis conhecido como Pacto de Varsovia. Un acordo de cooperación militar que abarcaba a todos os países Socialistas do Bloque do Leste –excepto Iugoslavia– e que pretendía deste xeito chegar a contrarrestar a ameaza que suponhía para eles a Organización do Tratado do Atlántico Norte.
Aínda que na actualidade a OTAN asegura en diversos documentos internos e externos, ter un compromiso firme coa resolución pacífica das controversias e sitúa como obxectivos primordiais da organización o poder garantir a liberdade e a seguridade dos seus países membros, por medios políticos e militares, así como promover valores democráticos, o certo é que ó longo da súa historia a Organización do Tratado do Atlántico Norte sempre se mostrou supeditada ós intereses e os designios dos mandos militares de Washington, anteponhendo sen razón algunha os intereses do imperialismo estadounidense non só ós mínimos valores democráticos, senón mesmo ós propios intereses estratéxicos da poboación europea.
Desde o sen sentido de situar a Europa como o principal taboleiro dunha posíbel conflagración nuclear durante a denominada Guerra Fría, pasando polo aparentemente inacabado expansionismo militarista cara o Leste, violando todos os acordos alcanzados cunha Rusia momentaneamente incapacitada tras a caída do muro, a disolución do Pacto de Varsovia e o demencial desgoberno do máis famoso alcohólico de Butka, ata as intervencións armadas na República Federal de Iugoslavia, Afganistán ou directamente o papel como protagonistas incendiarios en Ucraína, todas e cada unha das actuacións da OTAN supuxeron sen excepción un alto custo para Europa, sen que os beneficios se debuxen máis aló da eterna débeda contraída con Washington por soster activamente e de forma practicamente unilateral unha organización militar dedicada aparentemente a solucionar problemas ós que Europa nunca tería que enfrontarse se a propia OTAN non existise.
Por todo iso, como clase trabalhadora organizada, a nosa principal tarefa, anteposta ós xuízos de valor xeopolíticos, as moralinas esquerdistas ou as diatribas quintacolumnistas sempre alinhadas con Washington, é a de enfrontar de forma firme e decidida a vasalaxe das nosas propias burguesías ó militarismo suicida que representa a Organización do Tratado Atlántico Norte
Afortunadamente, para ilustrar o que aquí exponho aínda existen na memoria histórica figuras como a de Adolf Heusinger, capaces de mostrar ós escasos olhos interesados un completo bosquexo acerca das inclinacións reais e o verdadeiro papel xogado polos Aliados tras a II GM. O que no seu momento chegou a ser xeral e xefe de operacións do exército nazi e aparentemente estivo implicado en diversos crimes de guerra que custaron a vida de diversos presos políticos rusos e comandantes aliados, non tivo ningún problema á hora de ser absolto dos seus crimes e lograr reciclarse, primeiro como axente secreto da CIA co obxectivo primordial de lograr espiar os intereses da Unión Sovíetica e os seus aliados, especialmente na RDA, para a continuación continuar a súa carreira baixo a protección do Ex Chanceler federal de Alemanha, Konrad Adenauer, influíndo de forma directa para a consecución dos intereses estadounidenses na remilitarización alemá, e finalmente ser nomeado en 1961 presidente do Comité Militar da OTAN, rango máis alto outorgado pola rama non civil desta organización.
Entre os intereses da OTAN nunca se atoparon o compromiso coa resolución pacífica de controversias, garantir a liberdade e a seguridade dos seus países membros e nin moito menos o promover valores democráticos. A OTAN nace co obxectivo claro de imponher a Rusia a vontade dos Estados Unidos, tal e como o Primeiro Ministro británico Winston Churchill expuxera xa na Operación impensábel, desenhada coas cinzas aínda fumarentas sobre Europa froito da barbarie nazi. Para iso, as burguesías capitalistas non dubidaron en ningún momento en facer uso dos restos do réxime nazi derrotado previamente coa inestimábel axuda do exército vermelho, nin tampouco tiveron reparo algún en tecer unha rede de operacións clandestinas de resistencia armada en colaboración con grupúsculos fascistas, tentando deste xeito poder desactivar ós diferentes partidos comunistas europeos durante o desenvolvemento da Guerra Fría. A Operación impensábel, a Operación Gladio ou o propio desenho e desenvolvemento posterior da Organización do Tratado do Atlántico Norte, responden, por tanto, ó desenho dun mapa de poder para Europa totalmente insostíbel e criminal, unicamente destinado a manter o dominio estadounidense sobre o Velho Continente mediante a confrontación europea contra os intereses rusos.
Deste xeito, a «Carta de París para a Nova Europa», asinada o 21 de novembro de 1990 no Palacio do Elíseo e que pretendía marcar unha nova era para Europa, garantindo unha paz duradeira e integradora, proclamando o fin da división de Europa e o fin da Guerra Fría, non supuxo senón un novo Tratado de Versalles rubricado polo ebrio patán de Boris Yeltsin, garantindo a submisión inmediata do seu país ós designios e apetencias dos Estados Unidos. Lonxe de vincular a seguridade mundial á seguridade individual de cada estado e logrando baixo estas premisas ponher freo ó expansionismo da OTAN, o bloque militar capitalista comezou unha frenética carreira por ocupar militar e economicamente o espazo deixado atrás polo fin do pacto de Varsovia. Chegando a ampliar as súas fronteiras a 12 novos estados e culminando en apenas 15 anos a asimilación de gran parte dos membros do antigo Pacto de Varsovia. As promesas realizadas en Bonn a Gorvachov, pasaron nun breve lapso de tempo a ser mero papel molhado.
Este cerco a Moscova complétase deste xeito ó longo do tempo coa violación por parte da administración Clinton do compromiso de non mover as bases militares da OTAN ó Leste a cambio da reunificación alemá, o abandono da Tratado ABM por parte da Administración de George W. Bush, a creación por parte desta mesma Administración de novas bases en Alaska, Europa do Leste, Xapón e Corea do Sur, creando deste xeito un complexo cinto que rodea o territorio ruso, así como a inxerencia e as intervencións militares das administracións de Obama e Trump en Siria, Ucraína, Armenia, Bielorrusia ou Casaquistán, co obxectivo de lograr expulsar a Rusia do Mar Negro e reamatar de cernar as súas escasas alianzas xeopolíticas. Con polo menos 254 bases militares ó longo e ancho do planeta e preto de 173.000 militares despregados nelas, a apelación de Washington á OTAN como unha organización de defensa mutua, non deixa de ser un modo certamente cínico de definir o que é a mera vasalaxe dos estados europeos ós intereses imperialistas dos Estados Unidos, desenvoltos de forma especialmente intensa no taboleiro europeo en prepararción dunha futura confrontación con Moscova.
A ampliación da presenza militar estadounidense, incluso introducíndose unha cláusula pola que Washington podía instalar, almacenar ou introducir armas nucleares en territorio espanhol ou o primeiro cumio da OTAN en Madrid durante 1997, deixaban claro que en diante Espanha non xogaría nin moito menos un papel discreto ou secundario neste mecanismo militar.
No caso do estado espanhol, a submisión, a vasalaxe e a absoluta falta de criterios xeopolíticos na súa permanencia na OTAN, queda especialmente constatada cando atendemos á evolución da súa integración neste suposto proxecto de seguridade colectiva. O 30 de maio de 1982, cunha Espanha inmersa nunha transición sanguenta e aínda cos ruídos dos sabres fascistas ressoando nos corredores das institucións dunha nacente democracia, nos despachos de Madrid preparábanse para afianzar o ilusorio papel herdado do «generalisimo» como sentinelas de Occidente fronte ó avance do comunismo proveniente de Europa Central e Oriental, por influencia directa da soviética. Tras un prolongado período de profuso camuflaxe das evidentes rendixas fascistas do goberno espanhol por parte de Washington, que tiveron o seu punto culminante durante a visita de Dwight D. Eisenhower a Espanha en 1959, e tras o oportuno tutelaxe exercido mediante unha misteriosa performance golpista e as ameazas directas sobre a ocupación espanhola de Canarias por parte da Administración Carter, Espanha pasa a ser o décimo sexto país en formar parte da Organización do Tratado Atlántico Norte.
A pesar da negativa do PCE, as aparentes discrepancias do PSOE ca súa hoxe celebre campanha ‘OTAN, de entrada, Non’ e a firme oposición de amplos sectores populares –a finais de 1981 tan só un 18% da poboación espanhola mostrábase a favor da entrada na OTAN, mentres que o 52% declarábase abertamente en contra e o 30% mostrábase indiferente ante esta cuestión– o Goberno de Leopoldo Calvo-Sotelo tomaba naquelas circunstancias a histórica decisión de incorporarse á OTAN, apenas uns meses antes de que o Partido Socialista Obrero Español chegase á Moncloa coa forza dunha abafadora maioría absoluta. A pesar de que puidese parecer que un partido que despregara máis de 1000 valos publicitarios e 125.000 carteis contra o ingreso na OTAN podería abrir entón a porta a unha rectificación do alinhamento de Madrid cos intereses do imperialismo estadounidense, pronto a sucursal espanhola do consorcio Flick, dirixida oportunistamente por Felipe González, daría un brusco xiro ás súas formulacións políticas que remataría coa súa firme defensa da Alianza Atlántica, corroborando deste xeito a traizón á esquerda espanhola durante a campanha previa ó referendo do 12 de marzo de 1986, na que o partido no goberno, vixiado de preto polos Estados Unidos, non dubidou en facer un uso certamente tiránico dos medios de comunicación públicos e as súas nacentes redes caciquiis coa prensa privada, para lograr que finalmente, tras catro longos anos de continuas presións, o 52,54% dos espanhois –39,85% en contra e un 6,54% en branco– apoiasen a permanencia na OTAN.
É de xustiza destacar que a pesar destes resultados xerais, o voto no estado lanzou grandes diferenzas e pobos como o vasco, catalán e canario, pronunciáronse maioritariamente de forma negativa ante a pregunta acerca de se consideraban conveniente para Espanha permanecer na Alianza Atlántica. Tamén na Galiza, cunha abstención superior ó 60% e máis do 40% dos votantes emitindo un voto sancionador á permanencia na OTAN no estado espanhol, a negativa ó expansionismo militar resultou obvia. A pesar diso, Espanha comezou desde ese momento para participar en todos os comités, órganos e compromisos da Alianza Atlántica, coa excepción da participación na estrutura militar integrada, a prohibición de instalar, almacenar ou introducir armas nucleares en territorio espanhol e o compromiso de que se procedería á redución progresiva da presenza militar dos Estados Unidos. Todas elas promesas que se foron incumprindo punto por punto, a elección do socialista Javier Solana como secretario xeral da OTAN, a incorporación durante o mandato de José María Aznar á estrutura militar integrada da OTAN, a ampliación da presenza militar estadounidense, incluso introducíndose unha cláusula pola que Washington podía instalar, almacenar ou introducir armas nucleares en territorio espanhol ou o primeiro cumio da OTAN en Madrid durante 1997, deixaban claro que en diante Espanha non xogaría nin moito menos un papel discreto ou secundario neste mecanismo militar.
Por máis que na actualidade Madrid achegue preto do 6% do orzamento da OTAN, uns 150 milhóns de euros anuais que o actual goberno de PSOE e Unidas Podemos se comprometeron a ampliar considerabelmente, ou se contribúa activamente con medios e efectivos ás principais misións da Alianza Atlántica, mesmo ó alto prezo de máis de 119 vidas perdidas, os intereses de Espanha distan moito de estar amparados ou apoiados coa súa permanencia na OTAN. Mentres as misións espanholas centrábanse en manter un embargo martítimo contra Iugoslavia, bombardear con uranio empobrecido Belgrado, manter unha forza avanzada de choque nas fronteiras rusas como metodo de intimidación e amenza ou participar mediante a guerra no espolio de países soberanos como Afganistán, Iraq, ou Libia, a defensa da suposta soberanía espanhola de Ceuta e Melilla a través do artigo 5 ante un posíbel ataque militar marroquí, a única ameaza militar real á que Madrid tería que enfrontarse máis aló das vinculadas á propia participación nas misións da Alianza Atlántica, atoparíase exenta dos compromisos que a Organización do Tratado Atlántico Norte alcanzou no seu día co estado espanhol. Curiosamente, isto deixa vía libre a Washington para presionar e usurpar a soberanía xeopolítica de Madrid a través das continuas accións agresivas de Rabat, o seu socio preferente na rexión.
A denominada Operación impensábel, designou naquel entón o sinistro plan ideado polas Forzas Armadas Británicas ó final da Segunda Guerra Mundial, cuxo obxectivo non era outro que o de expulsar á URSS do territorio europeo que lograra liberar no seu avance fronte ó exército nazi e lograr con iso «imponher a Rusia a vontade dos Estados Unidos e o Imperio Británico
No medio dunha perda de rumbo xeneralizado da esquerda europea e cando os tambores de guerra volvan ressoar no velho continente, nunha sorte de continuísmo da causalidade iniciada tras a agresión da OTAN á República Federal de Iugoslavia e a firme determinación desta organización militar na tarefa de ampliar a súa ameazante presenza nas fronteiras rusas, resulta unha tarefa urxente e vital para a clase trabalhadora estruturar unha resposta firme e concisa contra a participación de calquera estado europeo na Organización do Tratado Atlántico Norte. Os exercicios militares desta organización en países como Xeorxia, establecendo unha provocación directa no espazo de influencia de Moscova, a integración da intelixencia surcoreana ó Grupo de Ciberdefensa da Alianza Atlántica, a ampliación do desafío no Báltico e o Ártico, redobrada coa intención de países como Suecia e Finlandia de integrarse de forma directa na OTAN, a ampliacion do suposto concepto de seguridade, estruturando de forma evidente unha punta de lanza contra Rusia e China, deixando a porta aberta a un futuro conflito mundial, ou a participación activa na guerra de Ucraína, mediante a entrega de armamento de última xeración –mesmo a organizacións militares nazis como Pravy Sektor ou o infame Batalhón Azov– o asesoramento e adestramento dos mandos militares de Kiev e o uso discriminado das ferramentas propagandísticas e o bloqueo económico contra Moscova, evidencian que lonxe da resolución pacífica das controversias e a defensa dos valores democráticos, a guerra e a rapina imperialista, seguen suponhendo a día de hoxe necesidades vitais para este perverso club militar sempre sometido ó tutelaxe dos intereses estadounidenses.
Por todo iso, como clase trabalhadora organizada, a nosa principal tarefa, anteposta ós xuízos de valor xeopolíticos, as moralinas esquerdistas ou as diatribas quintacolumnistas sempre alinhadas con Washington, é a de enfrontar de forma firme e decidida a vasalaxe das nosas propias burguesías ó militarismo suicida que representa a Organización do Tratado Atlántico Norte. É por iso que iste cumio da OTAN que terá lugar o próximo mes de xunho en Madrid, supón unha oportunidade histórica e debuxa un compromiso ineludíbel de clase, para retomar o aínda pendente berro de OTAN NON, BASES FÓRA!.