¡Casteláns de Castela, tendes corazón de aceiro, alma coma as penas dura, e sen entrañas o peito! En tros de palla sentados, sen fundamentos, soberbios, pensas que os nosos filliños para servirvos naceron. E nunca tan torpe idea, tan criminal pensamento coubo en máis fatuas cabezas ni en máis fatuos sentimentos. Que Castela e Casteláns, todos nun montón, a eito, non valen o que unha herbiña destes nosos campos frescos. Rosalía de Castro
O a noite do 11 ao 12 agosto de 1975, Xosé Ramón Reboiras Noia, político e sindicalista galego, foi asasinado en Ferrol pola polícia do estado espanhol. Oculto baixo unha perruca e bigote para non ser reconhecido polas forzas represivas do estado, o activo militante da UPG de 25 anos de idade, perdía a súa vida na Rúa dá Terra tras un inexplicábel tiroteo cos membros da Brigada Político Social e da Policía Armada que participaban nun operativo organizado para detelo. Aínda somos moites os que nos seguimos preguntando como é posíbel que un operativo no que segundo diferentes fontes chegaron participar máis dun centenar de axentes, tivese que recorrer á forza letal para lograr reducir a unha única pistola en mans dun militante nacionalista. Como tantos outros casos nos que o verdugo é o estado, a reparación do dano causado continúa a día de hoxe a parecer unha mera quimera.
Sexamos como Moncho Reboiras e como todas aquelas que souberon dedicar a súa vida a un ideal.
Moncho Reboiras non era un heroe, nin tampouco deixaba de selo. Membro dunha familia humilde como tantas outras naquela Galiza do franquismo, dende moi novo conheceu o que suponhía buscarse a vida nunha contorna precarizada, nun país colonizado. Crecendo intelectualmente ao fragor do conflito lingüístico, as reinvindicaciones dun campo afogado e explotado e as incipientes revoltas estudantís, o paso á militancia política non supuxo para Reboiras senón a evolución lóxica de quen ve agonizar o seu porvir na decadencia da súa terra, na castración da súa patria. No seu labor intelectual e co paso do tempo, formou parte do grupo fundacional da revista Deas…parafuso’, de propaganda galeguista e participou tamén activamente no grupo cultural O Castro, pero foi co seu ingreso na formación comunista e nacionalista Unión do Povo Galego, co que o seu activismo político deu un paso á fronte, chegando a participar moi activamente na «Huelga de Setptiembre» de 1972.
Astilleros Barreras, Astano, Intelsa… … A actividade política de Moncho atópase estreitamente vinculada ás condicións laborais e sociais do proletariado galego, é aí onde a rabia e frustración fronte a unhas condicións prácticamente esclavistas convencen a parte da militancia da UPG para dar un paso á fronte e comezar a preparar o terreo de cara a posíbel loita armada como resposta ao réxime franquista e á cruel explotación do territorio e a sociedade galega que este vinha levando a cabo. A pesar de contar con apenas unha decena de militantes dispostos a unha resposta armada e contar entre as súas accións con apenas un par de atracos de cara a lograr cimentar unha estrutura militar máis firme, a resposta das forzas e corpos de seguridade do estado espanhol non se fixo esperar. O desenlace por todes conhecido: o do asasinato de Moncho Reboiras acurralado nun portal polas balas do estado espanhol… Curioso destino para aquel militante que quixo romper as cadeas que ataban ao proletariado da súa terra natal.
A apenas unhas horas do 25 de Xulio, Día da Patria Galega, traio o recordo de Moncho Reboiras ás nosas mentes non por simple casualidade. É no reflexo dese mozo militante nacionalista no que hoxe debemos mirarnos todos e todas os mozos desta nosa terra. Non se preocupen senhores da Audiencia Nacional, non fago con isto un chamado para que nuestres mozos respondan á súa violencia coas armas, tal e como si fixo Moncho, senón que hoxe lanzolhes pola contra un berro desesperado para que abran dunha vez os seus olhos ante a nosa preocupante situación. Non podemos seguir ocupando as rúas únicamente coa nosa troula e os nosos individualismo alheos a situación do noso país.
A nosa industria, unha das máis débiles e prexudiciais do estado espanhol, segue pechando as súas portas deixando de este modo paro e miseria ao seu paso, os nosos soldos seguen sendo os máis baixos do estado xunto aos de Estremadura, o noso campo agoniza ante a pasividade dese goberno monicreque chamado Xunta de Galicia, o noso mar xa non respira, noso sol, o noso vento, a nosa enerxía… É roubada por Espanha sen que nos repercuta positivamente de forma algunha. Seguimos a día de hoxe migrando antes de levantar a nosa voz, antes de levantar o noso punho en alto.
Non mudou nada desde que aqueles mozos da UPG decidiron levantar as súas armas en sinal de desesperación e se o fixo, non foi precisamente a melhor. A sua policía segue detendo militantes independentistas, a súa xustiza segue fabricando respostas armadas ficticias e os seus cárceres e xulgados seguen sendo para nosotres reflexo dunha eterna noite de pedra que non parece rematar nunca. Non é estranho atopar no estado espanhol novas sobre represión o noso idioma, a nosa bandeira, o noso pensamento, pero do mesmo xeito que pasa con cataláns e vascos, non é estranho tampouco escoitar a palabra terrorista sinalando ao que de xeito evidente e en numerosas ocasións non son máis que patriotas.
É no reflexo dese mozo militante nacionalista no que hoxe debemos mirarnos todas e todos os mozos desta nosa terra
Insisto, non busquen nestas linhas un chamado ás armas, nin unha xustificación para aqueles que confunden a política co derramamiento de sangue. Pero si é tarefa deste xornalista, hoxe na pel dun militante político máis, facer un chamamento a toda a mocidade galega para que dunha vez por todas deixamos o noso pasotismo, o noso medo, a nosa apatía, a nosa desgana e embarquemos xuntos nun proceso nacional reivindicativo e revolucionario. Non existe futuro sen independencia nacional e non existe nación galega sen socialismo.
Dicía o comandante cubano Fidel Castro Ruz, no seu solemne discurso do 18 de outubro de 1967 ante unha a Praza da Revolución ateigada, que o pobo cubano debía ser como o Che para poder ser digno do seu destino, para poder ficar finalmente ceibbe. Hoxe, nun ton máis político que xornalístico, desde esta a minha columna e imitando o sentido das palabras dese xigante cubano con orixe galega que foi Fidel Castro, eu dígovos que sexamos tamén nós como o Che, sexamos como Moncho Reboiras e como todes aqueles que souberon dedicar a súa vida a un ideal.
No noso lecer, na nosa arte, na nosa vida política, pero tamén no noso día a día, nas fábricas, nas universidades, nos nosos fogares…Demostremos que este é un pobo sensible, que este é un pobo agradecido, que este pobo sabe honrar a memoria dos valentes que caen no combate, demostremos como este pobo sabe reconhecer aos que lhe serven, como este pobo solidarízase coa loita revolucionaria, como este pobo levanta e manterá sempre no alto e cada vez máis no alto as bandeiras revolucionarias e os principios revolucionarios; hoxe, nestes instantes de recordo, elevemos o noso pensamento e, con optimismo no futuro, con optimismo absoluto na vitoria definitiva dos pobos, digámoslhe a Moncho Reboiras, e con el aos heroes que combateron e caeron xunto a el:
Ata a vitoria sempre!
Patria ou Morte!
Venceremos!
Viva Galiza Ceibe!