“No control obreiro xogan un papel esencial os sindicatos.”
Felipe González
Un dos grandes erros históricos do sindicalismo con sede en Madrid, foi o de vincular ferreamente a súa loita unicamente ó emprego. Durante as décadas que seguiron á transición, os sindicatos maioritarios, CC. OO. e UGT, funcionaron dende entón como órganos certamente ineficaces de presión popular fronte á burguesía espanhola e ós representantes políticos ó seu servizo nas institucións de goberno. Desaparecía con iso calquera horizonte de transformación social, calquera posibilidade de loita unitaria nada do conxunto da clase trabalhadora e a pouco que reparásemos niso, xusto entón desaparecía tamén calquera esperanza de vitoria.
A acción sindical transformábase deste xeito simplesmente nun elemento de atención e consulta para o trabalhador. Unha mera estrutura burocrática en crecemento que ó longo do tempo chegou a ofrecer prestacións tan amplas como vacacións, representación legal ou mesmo promocións urbanísticas. Aínda que neste último punto, exemplos como a Promoción Social de Viviendas (PSV) de UGT deixan claro que un nunca debe fiarse dun sindicalismo que dun modo ou outro abandona a senda do socialismo para tentar navegar nas contradicións dun sistema capitalista que a día de hoxe segue suponhendo o eixo central da miseria do conxunto dos trabalhadores e as trabalhadoras.
Trátanse estas palabras dun discurso contra o caciquismo sindical, contra o clientelismo dunhas formacións que non merecen representar a suor e a conciencia de clase dos milheiros de companheiros e companheiras que cada día se deixan a cara e o escaso tempo libre en duras loitas laborais, para finalmente verse en moitas ocasións traizoados nos despachos en nome da realpolitik e dos intereses duns xudas que na súa sede de Madrid hai moito tempo que non pisan o barro das fábricas.
Mentres os delegados das grandes centrais sindicais espanholas sufocaban a rabia das rúas e preferían esperar a que a negociación de traxe e gravata conseguise certas melhoras nas condicións xerais do emprego, o estado espanhol sumíase nunha espiral de reconversións industriais, paro crecente, peches de fábricas, despedimentos xerais, rebaixas de soldo, aumento da precariedade, cronificación da sinistralidade laboral e en definitiva todos os puntos presentes entre as consecuencias que comunmente tiveron que pagar os trabalhadores,durante a aplicación da axenda que o neoliberalismo logrou implantar nos nosos sectores produtivos, coa firme intención de facer pagar a esa mesma clase trabalhadora os esforzos necesarios para entrar na Unión Europea, como país periférico cuxa maior achega a ese gran mercado común era unicamente unha man de obra barata e unha esquerda institucional con cartel de «Se vende».
Non nos enganemos, as folgas xerais, o movemento obreiro no seu conxunto, si estivo disposto a plantar cara a todo este guion. Foron numerosas as loitas nas que trabalhadores e trabalhadoras de todo o estado conseguiron grandes avances para melhorar a súa situación. Pero nalgún momento do caminho, seguramente non moi afastado do propio inicio da ficticia senda democrática no estado espanhol, os velhos sindicatos e as novas elites da política profesional na esquerda, decidiron fusionar os seus intereses para reamatar co sindicalismo asembleario e combativo, substituíndoo deste xeito por un moito máis maleábel sindicalismo oficialista, centrado nas subvencións, o control dos delegados e a íntima convivencia co poder político e empresarial.
Tras isto, os cursos de reciclaxe profesional organizados e impartidos finalmente polas grandes centrais sindicais, foron sen dúbida o prezo a pagar polo silencio cómplice fronte á represión e violencia que se desataría contra os últimos redutos dun sindicalismo de clase, asembleario e combativo aínda presente en moitos centros de trabalho en todo o estado espanhol, moi especialmente nas periferias e baixo as loitas de liberación nacional das nacións sen estado. As trinta pezas de prata bíblicas quedaron deste xeito moi excelsas para un sindicalismo que decidiu vender os seus principios e ós seus por meras migalhas.
E daqueles fangos, estes lodos. Non debe estranharnos por tanto ver a certos elementos da nova esquerda xustificando a represión contra os traballhdores do metal en Cádiz, non podemos botarnos as mans á cabeza vendo a mercenarios da pluma encomiando condicións de trabalho que a eles quédanlhes moi lonxe desde as súas columnas nos xornais do réxime, nin tampouco debemos facernos os sorprendidos ó saber que o golpe final á mobilización obreira en Cádiz foi propiciado con nocturnidade e pola espalda da man de UGT e CC. OO.
Un dos grandes erros históricos do sindicalismo con sede en Madrid, foi o de vincular ferreamente a súa loita unicamente ó emprego
A traizón ós trabalhadores galegos durante as folgas xerais do 84, o silencio e desprezo a miles de companheiras no proceso de reconversión do téxtil, a covardía ante González na folga xeral do 27E, a renuncia á mobilización, as continuas cesións, as tarxetas black, as fotos co poder, a burocracia, a falta de conciencia de clase…
Todo isto é o legado real dunha prolongada traizón por parte das grandes centrais sindicais ós trabalhadores e trabalhadoras do estado espanhol. E non, non se trata dun discurso contra o sindicalismo. Ao contrario, trátanse estas palabras dun discurso contra o caciquismo sindical, contra o clientelismo dunhas formacións que non merecen representar a suor e a conciencia de clase dos milheiros de companheiros e companheiras que cada día se deixan a cara e o escaso tempo libre en duras loitas laborais, para finalmente verse en moitas ocasións traizoados nos despachos en nome da realpolitik e dos intereses duns xudas que na súa sede de Madrid hai moito tempo que non pisan o barro das fábricas.
Trátase este dun discurso para voltar ó sindicalismo transformador, comprometido co cambio social, asembleario, combativo e de clase. Trátase este dun discurso para o fixo, pero tamén para o eventual, para o trabalhador precario, para o falso autónomo, para quen desenvolve as tarefas do fogar, para os migrantes, para todos nós. Para os filhos e as filhas da incansábel herdanza da loita obreira. Trátase dun discurso para que nunca máis nos deixen tirados cando as rúas berran por xustiza socia!