“Según nuestra Santa Madre, la Real Academia de la Lengua, gobernar es mandar con autoridad o regir una cosa; y gobernante es quien gobierna, claro. Así planteado, digo yo que Franco se ajustó de modo indiscutible al concepto académico: mandó con autoridad -menuda autoridad la suya- y rigió, de qué manera, sobre una cosa llamada España. Claro que el hecho de que fuese buen gobernante no supone que gobernara bien. Como se me plantea tan sólo la primera cuestión, a ella me referiré fundamentalmente; sin olvidar algún comentario acerca de la bondad o maldad en la gestión de quien, por definición, cumplió las condiciones para ser calificado de gobernante”
Vizcaíno Casas

Sen que un poida adivinhar o motivo exacto, parece ser que no medio dun obvio agravamento da “transversal” e xa tradicional Santa Cruzada espanholista contra o catalán, a reunión bilateral entre Pere Aragonés e Iñigo Urkullu –que tivo lugar en Alp, un pequeno municipio da Cerdanya xerundense, durante o trixésimo noveno conselho plenario da Comunidade de Trabalho dos Pireneos ( CTP) – serviu como innecesaria escusa á ultradereita, a dereitona e a destra ex UPyD para desprezar novamente os representantes políticos catalán e vasco pola defensa das linguas propias dos seus respectivos pobos.
Persoalmente, admito desconhecer se o idioma utilizado de forma común nun órgano transfronteirizo que agrupa ás rexións francesas de Nova Aquitania e Occitania, ó Principado de Andorra e ás comunidades vasca, navarra, aragonesa e catalá, foi o castelán. Tal e como tamén desconhezo se o actual presidente da Generalidad de Catalunya e o lendakari do Gobierno Vasco utilizaron este idioma para comunicarse ou ben preferiron facelo en inglés, idioma que con maior ou menor soltura é
Ancorados nas coordenadas do arcaico pensamento do nacionalismo espanhol, son aqueles que acusan de etnonacionalistas a vascos, galegos e catalás os que se mostra incapaces de reaccionar doutro xeito que non sexa o escarnio e o basto desprezo ante calquer elemento cultural que se fuxa das marxes do “Espanha, unha, grande e libre”conhecido que manexan ambos líderes políticos.
Ignoro as reviravoltas deste encontro bilateral e non por iso resulta menos sorprendente a prepotente necidade coa que a esquerda unicamente sentida do espanholismo Jacobino reaccionou ante unha esperada e importante reunión, na que a pesar das evidentes tensións políticas entre Catalunya e Euskadi –xurdidas polo timorato proceder de Iñigo Urkullu durante o procés e a evidente afinidade entre ERC e Bildu– as posicións ó redor da negociación da nova lei audiovisual parecen achegar un novo fío de entendemento entre ambas as nacións na defensa común da súa cultura fronte o avance dun novo rexurdir do espanholismo máis combativo e reaccionario.
Nós, como pobos no caminho da súa autodeterminación, non debemos entender a continúa crítica á cultura propia de cataláns, vascos e galegos unicamente como unha mostra de ignorancia manifesta do espanholismo. Aínda que a día de hoxe o nivel teórico e argumentativo do común das súas hostes resulte dunha simpleza atroz, esta reacción herdada de desprezo e belicosidade fronte a calquera idiosincrasia cultural das nacións que forzosamente componhen na actualidade o estado espanhol, bebe da certeza inequívoca de que o espertar dos nosos pobos ante a submisión cultural á que por longo tempo nos tivo sometidos o espanholismo, parte indubidabelmente do reconhecemento da cultura nacional de galegos, vascos e cataláns como unha ferramenta para lograr interpretar, transmitir e transformar a realidade social da que formamos parte.
Dentro deste proceso de apertura dun futuro novo para estes pobos, o seu idioma propio actúa sen dúbida como unha ferramenta privilexiada coa que lograr comprometerse en corpo e alma na loita pola súa liberación. O galego, o vasco ou o eúscaro, non só son os nosos idiomas propios, suponhen a día de hoxe o fiel reflexo da rebeldía herdada pola nosa historia, a resistencia fronte ós continuos intentos de colonización e asimilación por parte de Madrid. A nosa resistencia cobra corpo e firmeza na lingua a través da cal se construíu e mantivo firme até hoxe. É por iso que cando desde o espanholismo atacan ós nosos idiomas propios, en realidade atacan a unha cultura e un pobo que se nega a someterse. Algo que temos que ter sempre moi presente.
É precisamente mediante o espertar e a reacción fronte a estes evidentes tics coloniais que aínda hoxe sufrimos en común, que as nacións sen estado de Europa debemos estruturar unha nova acción cultural e política baseada nunha nova “Europa dos pobos”
Cando desde a ridícula esaxeración do monolingüe, o espanholista sitúa no centro dos seus ataques ó catalán, eúscaro ou galego e ós esforzos políticos para preservar estas linguas, en realidade non fai senón admitir que baixo o dominio colonial de Madrid, a cultura propia destas nacións resultará sempre censurada, contemplada como alhea e condenada a unha parálise permanente ou simplemente ó mero folclore inofensivo. Relacionando, por tanto, calquera intento de transformación desde a cultura propia a unha traizón ó espírito espanhol, como unha rebelión fronte ós designios e a axenda política designada desde Madrid.
E é ante esa suposta traizón ó que na súa imaxinería consideran Espanha, por mor da irreverente existencia dunha cultura propia e viva de cataláns, vacos e galegos, signo inequívoco da propia conciencia nacional, que personaxes como Arturo Fernández-Le Gal, arribista menor da esquerda sentida Jacobina, deciden reaccionar ante isto cun tuit no que a contorna política dos discípulos de Rosa Díez deixan entrever os seus verdadeiros referentes culturais e políticos.
Non podemos esperar gran cousa do autor do texto “Español, idioma de España”, pero “resulta curioso” que o “produtor” do Jacobino, autodenominado “think tank de la izquierda ilustrada y centralista en España”, use para o seu ataque contra o eúscaro e o catalán unha escena de “Las autonosuyas”. Unha película dirixida por Rafael Gil, personaxe reconhecido na súa postura católica e conservadora e a súa profunda adscrición a uns postulados franquistas que precisamente redobrou á chegada da democracia coas súas adaptacións das novelas de Fernando Vizcaíno Casas. Autor este que á súa vez, ademais de por “Las autonosuyas”, é tamén identificado pola súa clara admiración ó pensamento de José Antonio Primo de Rivera e a súa defensa explícita do franquismo no libro “Viva Franco! (con perdón)”.
Comprenderán chegados a este punto a referencia ós chamados Jacobinos espanhois como mera esquerda sentida, dado que os argumentos comunmente utilizados para afirmar a súa pertenza á esquerda por parte destes personaxes pertencentes a tan delirante club centralista e reaccionario, evidentemente non soportarían o prisma de ningunha análise política medianamente seria. Non se trata tan só das súas continuas chiscadelas a figuras como José Antonio Primo de Rivera, o desprezo autoritario por outros pobos propio dun colonialismo de segunda ou a súa incapacidade manifesta para estruturar un marco ideolóxico minimamente coherente. Inmersos nunha performance continua desenvolvida nos platós dos medios da ultradereita e apoiada timidamente pola prensa burguesa, “El Jaconino” aséntase hoxe nos vacuos intentos por renovar o proxecto político espanholista, sen curiosamente afastarse demasiado dos arquetipos e os referentes culturais da tradición franquista.
Cando desde o espanholismo atacan ós nosos idiomas propios, en realidade atacan a unha cultura e un pobo que se nega a someterse
Se o seu admirado Vizcaíno Casas chegou a afirmar Seré fascista, pero nunca «carca», os Jacobinos espanhois caminhan na senda da defensa enconada de posturas claramente asimilabeis co fascismo, polo seu empenho en “combater no marco cultural” o que eles denominan “posturas posmodernas” cunha pechada defensa das tradicións dun suposto pasado melhor para Espanha.
É neste contexto que aqueles que se autodenominan esquerda ilustrada deciden facer uso dunha farsa protagonizada por Alfredo Landa, pretendendo con iso mofarse dunha reunión bilateral na que dous líderes políticos das súas diferentes comunidades, pretenden simplesmente estruturar unha estratexia conxunta para a defensa dos seus idiomas propios na nova contorna global do entretemento e a información.
Ancorados na súa política ficción e nas coordenadas do arcaico pensamento do nacionalismo espanhol, son por tanto aqueles que acusan de etnonacionalistas a vascos, galegos e catalás e que chegan a comparar de forma insultante a situación do castelán no estado espanhol coa opresión racial sufrida polos afroamericanos en chan estadounidense ou mesmo co apartheid surafricano, os que se mostra incapaces de reaccionar doutro xeito que non sexa o escarnio e o basto desprezo ante calquer elemento cultural que se fuxa das marxes do “Espanha, unha, grande e libre”.
Cando desde a ridícula esaxeración do monolingüe, o espanholista sitúa no centro dos seus ataques ó catalán, eúscaro ou galego e ós esforzos políticos para preservar estas linguas, en realidade non fai senón admitir que baixo o dominio colonial de Madrid, a cultura propia destas nacións resultará sempre censurada, contemplada como alhea e condenada a unha parálise permanente ou simplemente ó mero folclore inofensivo
Parecen ignorar estes fariseos que a conciencia de si, a propia conciencia nacional e a súa construción mediante a vontade dos pobos, non supón, nin pode suponher nunca, unha cerrazón á comunicación, a reflexión e a transformación social en busca dun futuro xusto e común para a humanidade. Ó contrario, a conciencia nacional e o respecto á cultura propia e particular dos pobos, supón sempre a vía máis directa para alcanzar o respecto nos valores compartidos, sendo, por tanto, aqueles que pretenden erradicar calquera mostra de libre expresión cultural ou política os principais inimigos de calquera tipo de unión voluntaria baseada nun san internacionalismo. Só os necios inimigos de calquera unión entre pobos, poden atopar un moitvo para a burla ou o desprezo en dous representantes políticos que deciden utilizar nun idioma determinado para o seu mutuo entendemento, aínda cando este idioma non sexa considerado como propio por ningún deles.
Sen dúbida, esta reacción debe permitir lanzar unha vivencia de opresión cultural común nas reunións dese órgano transfronteirizo que non debe pasar desapercibida para os representantes de Nova Aquitania, Occitania ou Andorra, lugares estes en o que o eúscaro ou o catalán, sen ningunha dúbida poden prestar igual servizo que o castelán como método de comunicación político. É precisamente mediante o espertar e a reacción fronte a estes evidentes tics coloniais que aínda hoxe sufrimos en común, que as nacións sen estado de Europa debemos estruturar unha nova acción cultural e política baseada nunha nova “Europa dos pobos”. Un marco de unión afastado non só do avance cultural da ultradereita e os seus parvos útiles, senón tamén das desigualdades materiais que nos conduciron de novo a un moi difícil escenario político no velho continente.