Soberanía baixo as sancións: o verdadeiro contrabando venezolano

E malia todo, Venezuela segue en pé. Contra todo prognóstico, o país comezou a producir máis alimentos, reanimou os seus sectores industriais, estabilizou a economía e reconstruíu os seus mecanismos de distribución. A pesar dos vaticinios de colapso total, dos titulares catastrofistas e dos votos servís dos países sipaios do Imperio, Venezuela contrabandea hoxe outra verdade incómoda: a súa soberanía inquebrantable. Mentres o mundo agarda o seu colapso, Venezuela produce, xera riqueza, adáptase, resiste, constrúe desde as bases. Os seus campesiños cultivan, os seus obreiros producen, os seus científicos desenvolven solucións propias. É un milagre de resistencia, un testamento da indomabilidade dun pobo. Continue reading Soberanía baixo as sancións: o verdadeiro contrabando venezolano

O que arrisca a vida é sempre o obreiro

O capitalismo leva dentro de si a semente da súa propia destrución, incapaz de resolver as crises que el mesmo xera. A destrución que hoxe vemos nas rúas inundadas de Valencia non reflicte unicamente os efectos devastadores dunha tormenta, senón que reflicte tamén un sistema en crise, incapaz de garantir a vida, a seguridade e a dignidade de quen o sostén. Agora toca decidir cantos mortos máis podemos soportar antes de rachar coas regras impostas pola necropolítica capitalista, canto dor podemos soportar antes de erguernos para, por fin, decidir sobre as nosas propias vidas, o noso propio tempo, o noso futuro. Continue reading O que arrisca a vida é sempre o obreiro

12 de Outubro: España, o soño que nunca foi

Como ben sabían líderes como Fidel Castro, Ernesto Che Guevara ou Hugo Rafael Chávez Frías, a loita pola verdadeira liberdade susténtase na solidariedade internacionalista. Non se pode liberar un pobo sen liberar o mundo e nunca un pobo que oprime a outro poderá gozar da luz da liberdade. A resistencia indíxena, campesiña e obreira fronte ao espolio colonialista non é unha cuestión do pasado, senón que supón a faísca viva que aínda pode prender os cimentos deste sistema colonial e capitalista. E é neste sentido que o 12 de outubro non é un día de celebración, senón un día para lembrar que a verdadeira historia escríbena os pobos que non se renden, os pobos que aínda no medio da derrota, logran plantar cara ao vento. Continue reading 12 de Outubro: España, o soño que nunca foi

Axuda para Palestina? Armas

Palestina enfronta hoxe a crenza da superioridade racial ou cultural da potencia colonial sobre os pobos colonizados. Desposuída das súas terras, recursos e a súa forma de vida tradicional, encara de forma desigual a resistencia armada como unha lexítima manifestación da loita de liberación nacional en defensa dos dereitos, a terra e a dignidade do pobo palestino. Continue reading Axuda para Palestina? Armas

Nagorno Karabaj, tsavet danem

Os miles de desprazados, os soldados armenios vítimas das humillacións azeríes ou todos aqueles que desde Ereván contemplan de forma impotente os ataques indiscriminados contra o seu patrimonio histórico ou a súa milenaria cultura, supoñen a principal garantía de que este novo reequilibrio de forzas sobre o terreo, non é senón a invitación directa ao cíclico alumeamento da violencia, como motor e castigo dos procesos históricos que ao longo do tempo teceron inexorablemente o destino de Nagorno Karabaj Continue reading Nagorno Karabaj, tsavet danem

O “Che”, un home novo

“Ernesto Guevara de la Serna convértese no icónico Che Guevara, un mito, unha lenda, un símbolo. Aínda que, tal e como o propio guerrilleiro cubano-arxentino lembra ao militar que ía asasinalo, ante todo o Che era un home. Un mozo arxentino que nos seus viaxes foi capaz de atopar aquilo que o unía cos desherdados do seu continente e do mundo. Non era un oprimido, nin tan sequera un mozo excepcional polo seu contexto ou un líder revolucionario nato. Ernesto Guevara era “simplesmente” un home íntegro, un militante comunista, un revolucionario.” Continue reading O “Che”, un home novo

A gran estafa española

“E é aí, na senda do rupturismo co réxime do 78 e o marco capitalista, na que calquera alternativa realmente á esquerda debe buscar o contacto e o apoio das masas traballadoras do estado. Afastarse da esquerda progresista, moderada ou de centro, supón un imperativo ineludible para comezar a exercer a rebelión práctica e a verdadeira democracia revolucionaria que nos conecte coas resistencias de outros pobos no mundo e nos permita, deste xeito, deixar atrás o voluntarismo inane do progresismo español. O obxectivo inmediato é avanzar na firme defensa do noso estado de benestar, a nosa soberanía e a pacífica convivencia dos pobos traballadores do estado.” Continue reading A gran estafa española

Denak ez du balio

“Os representantes políticos abertzales son e serán sempre para Madrid unicamente terroristas. E iso non o vai poder mudar esta última concesión nin ningunha outra, dado que por moitas cesións políticas que se outorguen a Madrid, sempre resultarán insuficientes para un sector ultra que só se dará por satisfeito cando o xerme do independentismo desapareza definitivamente do Estado.” Continue reading Denak ez du balio