Guerra en Ucraína, un certo contexto histórico

Un dos primeiros aspectos que debemos ter claro á hora de encarar a recente escalada bélica entre Ucraína e Rusia, é que o pobo ruso sempre considerou aos ucraínos como un elemento claramente ligado ao seu propio destino, mesmo podemos chegar a sinalar, sen medo a equivocarnos, que para parte de Rusia Ucraína é algo así como unha pequena parte de si mesmo. Mentres que a concepción nacional de Ucraína, a súa estruturación política e o auxe do actual nacionalismo, trátase dunha realidade moderna. Continue reading Guerra en Ucraína, un certo contexto histórico

Na praza do meu pobo

Galiza non pode permitirse perder máis de 30.000 hectáreas de terras dedicadas ó cultivo de cereais, legumes e hortalizas, á vez que esa produción agrícola é substituída por importacións de menor calidade que unicamente favorecen grandes distribuidoras que imponhen un modelo de produción e consumo que fai perigar a nosa soberania alimentaria, atandonos a unha crecente dependencia exterior. Galiza, debe retomar a súa soberanía alimentaria, á vez que recupera a viabilidade económica do seu medio rural. Continue reading Na praza do meu pobo

El Jacobino: sonhos dun senhor moi de dereitas

“Cando desde a ridícula esaxeración do monolingüe, o espanholista sitúa no centro dos seus ataques ó catalán, eúscaro ou galego e ós esforzos políticos para preservar estas linguas, en realidade non fai senón admitir que baixo o dominio colonial de Madrid, a cultura propia destas nacións resultará sempre censurada, contemplada como alhea e condenada a unha parálise permanente ou simplemente ó mero folclore inofensivo”

Continue reading El Jacobino: sonhos dun senhor moi de dereitas

Espanha: a pel que habito

Un punto de ruptura real para unha soberanía popular apartada da ficción do bipartidismo ou a mal chamada nova política, o evidente desafío territorial e de concepción do estado, a nova estrutura europea, as realidades migratorias ou a clara necesidade dun novo pacto xeracional, sexual e entre as diferentes minorías do estado, son só algunhas das cuestións que apuran á nosa sociedade para reformar de forma urxente e decidida a lei fundamental que debe rexer os dereitos e deberes de toda a sociedade Continue reading Espanha: a pel que habito

Filhos desta raiba

Trátanse estas palabras dun discurso contra o caciquismo sindical, contra o clientelismo dunhas formacións que non merecen representar a suor e a conciencia de clase dos milheiros de companheiros e companheiras que cada día se deixan a cara e o escaso tempo libre en duras loitas laborais, para finalmente verse en moitas ocasións traizoados nos despachos en nome da realpolitik e dos intereses duns xudas que na súa sede de Madrid hai moito tempo que non pisan o barro das fábricas. Continue reading Filhos desta raiba