Lumes nunca máis

“Arma política, xanela á especulación ou a privatización da nosa terra, terreo para a explotación enerxética ou mero entretemento cinexético, sexa cal for a versión coa que o Partido Popular contempla ó rural galego, atópase moi afastada da urxente necesidade dun rural vivo, un medio tradicional para potenciar a riqueza e a saúde do noso propio país ” Continue reading Lumes nunca máis

#FreeAlexSaab

“Os delitos reais polos que hoxe a fiscalía de Miami pretende xulgar e condenar a Alex Saab tras a súa irregular extradición aos Estados Unidos, baséanse unicamente no seu traballo de cara a garantir a construción de vivendas de interese social para os venezolanos, as misións humanitarias para abastecer a Venezuela de medicamentos e alimentos en metade dun bloqueo criminal ou o feito de lograr importantes acordos en relacións bilaterais entre os gobernos como axente antibloqueo, podendo devolverlle así a Venezuela e á xente dese país todo o que previamente lle deron” Continue reading #FreeAlexSaab

OTAN non, bases fora

“Por todo iso, como clase trabalhadora organizada, a nosa principal tarefa, anteposta ós xuízos de valor xeopolíticos, as moralinas esquerdistas ou as diatribas quintacolumnistas sempre alinhadas con Washington, é a de enfrontar de forma firme e decidida a vasalaxe das nosas propias burguesías ó militarismo suicida que representa a Organización do Tratado Atlántico Norte” Continue reading OTAN non, bases fora