En Compostela

O que estamos a presenciar na capital da Galiza non é un conflito administrativo, é un ensaio xeral de golpe brando. É a resposta visceral, case biolóxica, da estrutura colonial ante a presenza dun corpo estraño no seu organismo: o nacionalismo galego gobernando a civitas sagrada do Partido Popular e iso non se pode tolerar. Continue reading En Compostela

Soberanía baixo as sancións: o verdadeiro contrabando venezolano

E malia todo, Venezuela segue en pé. Contra todo prognóstico, o país comezou a producir máis alimentos, reanimou os seus sectores industriais, estabilizou a economía e reconstruíu os seus mecanismos de distribución. A pesar dos vaticinios de colapso total, dos titulares catastrofistas e dos votos servís dos países sipaios do Imperio, Venezuela contrabandea hoxe outra verdade incómoda: a súa soberanía inquebrantable. Mentres o mundo agarda o seu colapso, Venezuela produce, xera riqueza, adáptase, resiste, constrúe desde as bases. Os seus campesiños cultivan, os seus obreiros producen, os seus científicos desenvolven solucións propias. É un milagre de resistencia, un testamento da indomabilidade dun pobo. Continue reading Soberanía baixo as sancións: o verdadeiro contrabando venezolano

O que arrisca a vida é sempre o obreiro

O capitalismo leva dentro de si a semente da súa propia destrución, incapaz de resolver as crises que el mesmo xera. A destrución que hoxe vemos nas rúas inundadas de Valencia non reflicte unicamente os efectos devastadores dunha tormenta, senón que reflicte tamén un sistema en crise, incapaz de garantir a vida, a seguridade e a dignidade de quen o sostén. Agora toca decidir cantos mortos máis podemos soportar antes de rachar coas regras impostas pola necropolítica capitalista, canto dor podemos soportar antes de erguernos para, por fin, decidir sobre as nosas propias vidas, o noso propio tempo, o noso futuro. Continue reading O que arrisca a vida é sempre o obreiro

12 de Outubro: España, o soño que nunca foi

Como ben sabían líderes como Fidel Castro, Ernesto Che Guevara ou Hugo Rafael Chávez Frías, a loita pola verdadeira liberdade susténtase na solidariedade internacionalista. Non se pode liberar un pobo sen liberar o mundo e nunca un pobo que oprime a outro poderá gozar da luz da liberdade. A resistencia indíxena, campesiña e obreira fronte ao espolio colonialista non é unha cuestión do pasado, senón que supón a faísca viva que aínda pode prender os cimentos deste sistema colonial e capitalista. E é neste sentido que o 12 de outubro non é un día de celebración, senón un día para lembrar que a verdadeira historia escríbena os pobos que non se renden, os pobos que aínda no medio da derrota, logran plantar cara ao vento. Continue reading 12 de Outubro: España, o soño que nunca foi

Por unha nova Galiza

“O próximo 18 de febreiro, únicamente debe ser contemplado como un paso adiante na toma de conciencia nacional do pobo galego. Un punto de non retorno, unha oportunidade, pero tamén un serio desafío e o inicio de numerosas tensións fronte a aqueles que contemplan as institucións galegas como un mero Ministerio de Colonias ao servizo de Madrid” Continue reading Por unha nova Galiza

Axuda para Palestina? Armas

Palestina enfronta hoxe a crenza da superioridade racial ou cultural da potencia colonial sobre os pobos colonizados. Desposuída das súas terras, recursos e a súa forma de vida tradicional, encara de forma desigual a resistencia armada como unha lexítima manifestación da loita de liberación nacional en defensa dos dereitos, a terra e a dignidade do pobo palestino. Continue reading Axuda para Palestina? Armas